Prestacións especiais

Conxunto de axudas económicas ou axudas para a reinserción laboral por parte das mutuas colaboradoras coa Seguridade Social, destinadas aos traballadores que sufriran un accidente de traballo ou enfermidade profesional e que, polas súas circunstancias persoais, económicas ou familiares, se encontran nunha maior situación de necesidade.
Estas axudas, en caso de falecemento do traballador, tamén son extensibles aos familiares máis próximos (cónxuxe ou parella de feito, ascendentes, descendentes e demais parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade).
Son axudas de carácter potestativo e diferentes ou complementarias das prestacións regulamentarias da Seguridade Social.
A decisión do seu outorgamento corresponde á Comisión de Prestacións Especiais da mutua.