Apoio de Fraternidad-Muprespa ao Empoderamento de las mulleres

En maio de 2011 Fraternidad-Muprespa asinou o apoio ao “Empoderamento das Mulleres”, proxecto desenvolvido polo Fondo de Desenvolvemento das Nacións Unidas para a Muller (UNIFEM).

Empoderamiento de las mujeres

 

Este proxecto non é só para promover a igualdade de xénero, senón que o nome vén derivado da filosofía do "empowerment" que ten a súa orixe na educación popular desenvolvida pola socióloga estadounidense, Margaret Shuler, quen identifica o empoderamento como "un proceso por medio do cal as mulleres incrementan a súa capacidade de configurar as súas propias vidas e o seu ámbito, unha evolución na concienciación das mulleres sobre si mesmas, no seu status e na súa eficacia nas interaccións sociais."

Aínda que é certo que en España, en canto a igualdade de xénero se refire, se avanzou moito nos últimos 30 anos, aínda quedan barreiras para chegar a unha igualdade plena, xa que cambiar unha cultura tradicional onde a muller sempre ocupou un segundo plano, leva consigo moitos anos de esforzo.

En máis de 200 países do mundo, as mulleres aínda permanecen marxinadas debido á vixencia de normas e leis ancoradas na tradición e claramente discriminatorias. Estas limitan o acceso a recursos produtivos, a herdar e a poder participar en procesos de toma de decisións nas esferas tanto públicas coma privadas.

Respecto a este tipo de discriminación, o empoderamento alcanzou a súa máxima expresión en diferentes estudos.

UNIFEM fai un chamamento ás empresas para apoiar estes sete principios:

  • Promover a igualdade de xénero dende a dirección ao máis alto nivel.
  • Tratar todos os homes e mulleres de forma equitativa no traballo, respectar e defender os dereitos humanos e a non-discriminación.
  • Velar pola saúde, a seguridade e o benestar de todos os traballadores e traballadoras.
  • Promover a educación, a formación e o desenvolvemento profesional das mulleres.
  • Levar a cabo prácticas de desenvolvemento empresarial, cadea de subministración e mercadotecnia a favor do fortalecemento das mulleres.
  • Promover a igualdade mediante iniciativas comunitarias e grupos de presión.
  • Avaliar e difundir os progresos realizados a favor da igualdade de xénero.
¿Te ha resultado útil?