Órgano competente de cada Mutualidade Colaboradora coa Seguridade Social para a concesión das prestacións derivadas da Reserva de Asistencia Social que esta teña constituída a favor dos traballadores protexidos ou afiliados, e dos seus beneficiarios, que sufrisen accidente de traballo ou enfermidade profesional e se atopen en especial estado ou situación de necesidade. As prestacións serán facultativas e independentes das incluídas na acción protectora da Seguridade Social.

Estará integrado polo número de colexiados que regulamentariamente se estableza, que se repartirá, a partes iguais, entre os representantes dos traballadores das empresas asociadas e os representantes dos empresarios asociados, sendo estes designados polo Consello de Administración; Tamén terán representación os traballadores socios.