Oficina Dixital simplificamos o trámite para a solicitude da prestación CATA.COVID-19

General
Autor
Fraternidad-Muprespa

Fraternidad-Muprespa, a través da súa Oficina Dixital, prosegue co seu proceso de evolución  tecnolóxica para ofrecer importantes melloras neste momento tan significativo, como é facilitar a solicitude da Prestación extraordinaria por cesamento de actividade de autónomos por COVID-19.

Dende hoxe a solicitude é moito máis doada de presentar, pois se ofrecen prerecheados boa parte dos datos dos que dispón a Mutua nos seus sistemas de información, incorporándoos automaticamente, sempre con toda a seguridade que esixe o tratamento persoal de datos.

Tras completar o resto do formulario de solicitude da prestación, só debe achegar unha copia do DNI/NIE e envialo. Inmediatamente recibirá unha notificación de recepción. As asesorías poderán realizar as solicitudes en nome de todos os seus clientes, cun procedemento aínda máis simplificado.

Trátase dun servizo dixital que achega valor ao tratarse dunha ferramenta áxil que facilita a solicitude das prestacións e, ao mesmo tempo, achega eficiencia a Fraternidad-Muprespa, xa que permite alixeirar a tramitación de solicitudes.

É importante remarcar que quen xa iniciara a solicitude por outra das vías ofrecidas anteriormente NON debe facela de novo a través da Oficina Dixital.

Que particularidades ten esta prestación extraordinaria?

Pode solicitar a devandita prestación se a súa empresa ou actividade profesional se encontra entre as que quedaron suspendidas como consecuencia da declaración do estado de alarma. Para comprobalo,  ofrecemos unha relación de CNAE (Clasificación Nacional de Actividades Económicas) de carácter orientativo, que pode consultar aquí.

Isto non exclúe a posibilidade de que, en función da actividade efectivamente realizada polo traballador autónomo, esta puidese encaixar entre as devanditas actividades suspendidas, a pesar de non se encontrar nesta relación.

Recordámoslle que a vixencia desta prestación, ao ter carácter excepcional, está limitada a un mes a partir da entrada en vigor do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declarou o estado de alarma, ou ata o último día do mes en que finalice o devandito estado, se este se prolonga.

Nas circunstancias actuais, isto supón que poderán presentarse solicitudes de prestacións CATA.COVID-19 ata o próximo 31 de maio, sempre que a finalización do estado de alarma non se prorrogue máis alá do 30 de abril.

¿Te ha resultado útil?
Vote up!

Puntos: 1

You voted ‘up’