Outros servizos asistenciais
Fraternidad-Muprespa atenderá as necesidades que o servizo médico de empresa estime oportunas para a asistencia dos accidentes de traballo e enfermidades profesionais (medicamentos, material sanitario, caixa de primeiros auxilios para primeiras curas, etc.).
Entregámoslles ás empresas asociadas armarios de primeiros auxilios coa dotación axeitada para a atención das primeiras curas. Esta dotación farase periodicamente, de acordo coas necesidades e centros de traballo da empresa.