Data de vencemento

...dos documentos de asociación.

Os documentos formalizados manterán a súa vixencia polo período dun ano, debendo coincidir en todo caso, o seu vencemento co último día do mes e serán prorrogados automaticamente, agás denuncia en contrario do empresario, debidamente notificada, cun mes de antelación, como mínimo, á data de vencemento. Este prazo verase interrompido cando a empresa quede en situación de inactividade (sen traballadores durante polo menos cinco días), podendo non obstante ao continuar a súa actividade optar por Mutua distinta (estenderíase novo documento de asociación) ou pola mesma coa que estaba asociada anteriormente.