Modificación Do Regulamento de Instalacións Térmicas nos edificios

Fraternidad-Muprespa, como Entidade implicada na Calidade e o Medio Ambiente, está a traballar dende o ano 2012 para mellorar a eficiencia enerxética dos seus edificios.

Unha das prácticas é cumprir o Regulamento de Instalacións Térmicas nos Edificios (RITE), que establece as condicións que deben cumprir as instalacións destinadas a atender a demanda de benestar térmico e hixiene a través das instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria, para conseguir un uso racional da enerxía.

Para iso a Mutua, entre outras medidas,:

  • Obtén o certificado de eficiencia enerxética dos seus edificios, pola realización de melloras na envolvente dos seus centros, instalacións de iluminación e instalacións térmicas para ampliar a súa cualificación.
  • Realiza auditorías de eficiencia enerxética das súas instalacións de climatización.
  • Promove as boas prácticas ambientais entre os traballadores para mellorar a eficiencia enerxética dos centros da Entidade.

Unha das prácticas é cumprir coas temperaturas e graos de humidade do interior dos edificios que marca o Regulamento de Instalacións Térmicas:

Verán: Temperatura de 26 °C ou superior e humidade relativa entre 30 e 70%.

Inverno:: Temperatura de 21 °C ou inferior e humidade relativa entre 30 e 70%..

Cartel RITE

 

¿Te ha resultado útil?
Vote up!

Puntos: -1

You voted ‘up’