Información para traballadores en pagamento directo
Calendario de pagamentos 2023
| 
			 3 xaneiro, martes  | 
			
			 2 febreiro, xoves  | 
			
			 2 marzo, xoves  | 
		
| 
			 4 abril, martes  | 
			
			 4 maio, xoves  | 
			
			 2 xuño, venres  | 
		
| 
			 4 xullo, martes  | 
			
			 3 agosto, xoves  | 
			
			 4 setembro, luns  | 
		
| 
			 4 outubro, mércores  | 
			
			 3 novembro, venres  | 
			
			 4 decembro, luns  | 
		
A notificación por SMS das transferencias de pagamento directo esixe que na solicitude, vostede seleccionase expresamente esta opción de comunicación e que facilitase un número de teléfono móbil correcto.
No caso de que non seleccionase esta opción e quixese activala ou cambiar o número de teléfono que facilitou inicialmente, deberá poñerse en contacto co centro administrativo da Mutua que lle corresponda.
Fraternidad-Muprespa, o día que recibiu o SMS, deu a orde de pagamento da súa prestación á entidade bancaria coa que traballamos.
Se esta entidade fose a mesma que a súa, normalmente recibirá o ingreso nese mesmo día, no caso contrario, e dependendo dos protocolos entre ambas as dúas entidades bancarias, puidera ser que o ingreso na súa conta corrente se atrase entre 24 e 48 horas hábiles.
O importe da prestación que se lle aboou depende de varios factores, e os principais son: a base reguladora, período de pagamento confirmado e continxencia da súa prestación.
A data indicada é o último día de prestación que se lle calculou e aboou nese pagamento.
Normalmente, esta data coincidirá co último día do mes vencido pero, noutras ocasións, a data poderá ser anterior cando a información que obtemos da Seguridade Social non permita confirmar a prestación ata final de mes.

O importe da prestación que se lle aboou depende de varios factores, sendo os principais: base reguladora, período de pagamento confirmado, continxencia da súa prestación e, no caso da IT derivada de continxencias comúns a modalidade de pagamento (IT normal ou desemprego).
Para coñecer en detalle a prestación que lle foi aboada, recomendámoslle que acceda á nosa oficina dixital ou á nosa App.
Para que modifiquemos o número de conta no que lle estamos a facer o ingreso da súa prestación, deberá dirixirse a calquera das nosas oficinas a solicitar o cambio, achegando algún documento recente que permita acreditar a súa titularidade.
