Prestación por falecimiento

Naqueles casos nos que o accidente de traballo ou enfermidade profesional conclúan co falecemento do traballador, está prevista a concesión por parte de Fraternidade-Muprespa dunha prestación económica para cubrir a falta de ingresos no núcleo familiar.

Fraternidad Muprespa Enfermedad Permanente

 

Beneficiario da prestación

  • O cónxuxe, a parella de feito, o ex-cónxuxe divorciado, separado o con matrimonio declarado nulo, beneficiarios da pensión de viuvez.
  • Os orfos, beneficiarios da pensión de orfandade.
  • O pai e/ou a madre que estean a cargo del falecido, sempre que non existan outros familiares con dereito a pensión por morte e supervivencia, nin eles mesmos tivesen dereito a ela con ocasión da morte do causante.

Contía e duración da prestación

Cónxuxe, parella de feito ou ex-cónxuxe divorciado, separado ou con nulidade matrimonial:

  • Seis mensualidades da base reguladora da pensión de viuvez.
  • No suposto de concorrer máis dun beneficiario, a distribución da indemnización realizarase do mesmo xeito que a pensión de viuvez, incluída a garantía do 40% da indemnización a favor do cónxuxe sobreviviente ou do que, sen selo, convivise co causante e fose beneficiario de pensión de viuvez.
  • Se se trata dun só beneficiario con matrimonio declarado nulo, a contía da indemnización será proporcional ao tempo convivido en matrimonio co falecido.

Orfos

Unha mensualidade da base reguladora da pensión de orfandade.

Adicionalmente, a cantidade que resulte de distribuír entre os orfos as seis mensualidades da base reguladora da pensión, se non existe cónxuxe, parella de feito ou ex-cónxuxe con dereito a indemnización. (A partir de 22 de xuño de 2006, enténdese que se cumpre esta condición de que non exista cónxuxe naqueles supostos en que non tivese mediado matrimonio entre os proxenitores do orfo.)

Pai e/ou nai

  • Nove mensualidades da base reguladora, se se trata dun ascendente.
  • Doce mensualidades da base reguladora, se se trata de ambos os dous ascendentes.

Como excepción, nos supostos de falecemento de pensionistas por incapacidade permanente derivada de continxencias profesionais, o cálculo da indemnización efectuarase sobre a contía da pensión que estivese a percibir o causante no momento do falecemento.

¿Te ha resultado útil?
Vote up!

Puntos: 1

You voted ‘up’