Foto de archivo de la entrega del bonus por parte de Fraternidad-Muprespa a empresas mutualistas de Huesca y Zaragoza

Fraternidad-Muprespa entrega 14,1 millóns a empresas mutualistas por reducir a sinistralidade laboral

Bonus
Autor
Fraternidad-Muprespa

Fraternidad-Muprespa, Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, xestionou durante a campaña Bonus 2019 (relativa ao exercicio do ano 2018) incentivos por valor de 14.129.000 euros. As destinatarias foron 5.784 empresas asociadas que diminuíron de xeito significativo a súa sinistralidade laboral. Esta cantidade é un 11% maior que a aboada por Fraternidad-Muprespa na campaña do pasado ano. Un total de 6.060 solicitudes, o 96% das 6.305 recibidas, foron favorables. 

Fraternidad-Muprespa continúa apostando firmemente pola dixitalización e, das solicitudes recibidas, o 52% chegaron por vía telemática, o que supón un aumento dun 12% con respecto ás recibidas na campaña anterior. A Mutua pon á disposición das súas empresas asociadas unha vía máis cómoda e áxil para facer a solicitude e que cumpre ademais co compromiso da entidade pola dixitalización dos procesos. 

Das empresas que recibiron o devandito incentivo, o 87% teñen ata 50 empregados. Un 10% teñen entre 50 e 249, mentres que o 3% restante corresponde a empresas con 250 traballadores ou máis. 

Na pasada campaña 2019, o importe do incentivo foi do 5% das cotas por continxencias profesionais das empresas solicitantes e no prazo que correspondía ao período de observación. Fraternidad-Muprespa aboou por este concepto 8,4 millóns de euros ao 79% das empresas solicitantes. No caso de empresas que realizaran investimentos complementarios en tarefas de prevención, o incentivo era dun 5% adicional. A cantidade aboada en virtude destas accións preventivas foi de 5,6 millóns de euros ao restante 29% de empresas.

Carlos Aranda, director xerente da Entidade, destaca que “dende Fraternidad-Muprespa damos grande importancia á redución da sinistralidade a través de medidas de prevención encamiñadas á protección e seguridade da saúde dos traballadores. O diñeiro xestionado con tal fin nunca pode considerarse un gasto, senón un dos mellores investimentos que pode facer unha empresa”. 

Suspendidos os incentivos Bonus para presentar en campañas 2020-2021

O sistema de incentivo Bonus está encamiñado á redución de cotizacións por continxencias profesionais recoñecidas pola DGOSS (Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social). Fraternidad-Muprespa, como Mutua Colaboradora, dá cobertura ás súas empresas e xestiona para elas estes incentivos, que foron suspendidos para as cotizacións do ano 2020 polo Real decreto lei 18/2019, do 27 de decembro, polo que se adoptan determinadas medidas en materia tributaria, catastral e de seguridade social. Anteriormente, o Real decreto lei 20/2018, do 28 de decembro, xa suspendía á súa vez as cotizacións xeradas durante o ano 2019.

¿Resultouche útil este contido?
(reset)
¡Grazas polo teu voto!

Puntos: 0