Plan estratéxico corporativo 2021-2022

A implantación do primeiro Plan Estratéxico Corporativo 2011-2014 supuxo para Fraternidad-Muprespa unha transformación na Entidade: revisouse a forma de traballar en practicamente todos os ámbitos de xestión da Mutua, ordenando e aliñando as diferentes unidades cos obxectivos corporativos.

A implantación do segundo  Plan Estratéxico Corporativo 2015-2017, cun grao de cumprimento do l 91%, puxo o foco na calidade e satisfacción, a xeración de confianza, a eficiencia e rendibilidade, e o equipo humano.

O terceiro Plan Estratéxico Corporativo 2018-2020, cun grao de execución do 85%, malia a situación de pandemia da covid-19, fíxonos máis executivos, mellorando as ratios de xestión, coa apertura dun hospital traumatolóxico punteiro e un plan de evolución dixital.

No último trimestre de 2020, traballouse na definición da estratexia nun prazo temporal de dous anos, 2021-2022, con posibilidade de revisarse ao longo do primeiro ano. Esta definición tiña que considerar a situación de incerteza provocada polo coronavirus, as expectativas sobre a vacina, as prestacións económicas para os máis desfavorecidos e o financiamento. Resultado diso, a Mutua está traballando nun obxectivo estratéxico principal: garantir a sostibilidade e catro obxectivos estratéxicos que pivotan arredor del e que contribúen á súa consecución, dous de negocio e outros dous transversais, necesarios para dar apoio e soporte eficiente ao primordial, que son:

Obxectivos de negocio

  • Fidelizar as nosas empresas.
  • Satisfacer o paciente.
¿Te ha resultado útil?