Novidades na nosa Oficina Dixital para empresas, autónomos e asesores

Centros FM
Autor
Fraternidad-Muprespa

Dende a posta en funcionamento do servizo de solicitude da prestación extraordinaria para autónomos por COVID-19 o pasado 5 de abril, fomos incorporando melloras na Oficina Dixital para facilitar a tramitación a asesorías e autónomos e prover de información máis completa as empresas. 

Adaptamos a Oficina Dixital para que asesorías e autónomos poidan descargar o certificado de recoñecemento da prestación extraordinaria e os Servizos de Prevención das Empresas obteñan información adicional sobre os procesos COVID-19

Estas son as melloras introducidas: 

1.- O servizo ofrece prerecheados boa parte dos datos da solicitude, a partir daqueles dos que dispoñemos nos nosos sistemas de información, o que redunda en maior axilidade e comodidade durante a tramitación.  

2.- Descarga de certificados de recoñecemento da prestación CATA.COVID-19 dende a Oficina Dixital. (Imaxe 1)

As asesorías, accedendo á opción de menú “Prestacións económicas – Prestacións de autónomos” poden coñecer, mediante un filtro rápido, que prestacións e de que tipo ten concedidas o traballador. Se a prestación de CATA.COVID-19 foi concedida, o documento de concesión estará dispoñible para a súa descarga.

Para as asesorías que teñan 10 ou máis autónomos con prestacións COVID-19 concedidas, poden descargar a través da Oficina Dixital todos os certificados de recoñecemento da prestación dunha soa vez, nun só ficheiro, que contén todos os certificados, o que supón un significativo aforro de tempo. (Imaxe 2)

Os autónomos tamén poden descargar o seu certificado de recoñecemento desta prestación. Para iso, teñen que acceder ao menú “Trámites e prestacións económicas – As miñas prestacións económicas” (Imaxe 3) 

3.- Tamén se incluíu un novo informe de control na Oficina Dixital para que asesorías e empresas asociadas poidan obter a relación de traballadores que están ou estiveron en situación de baixa por incapacidade temporal a causa da COVID-19, unha información útil tanto para os servizos de prevención das empresas, que necesitan esta información para exercer a súa función de vixilancia da saúde, como á hora de confeccionar as nóminas (pois as deducións por IT teñen a particularidade de que se deben calcular coma se de continxencia profesional se tratase).

Pódese solicitar que o informe inclúa procesos cuxa data de baixa ou alta estea nun período temporal determinado, ou procesos que teñan algún día de baixa no período. Ao seleccionar “Consultar”, o sistema mostra a relación completa de traballadores en situación de IT por contacto, exposición ou infección por COVID-19. Seleccionando “Xerar Informe”, o usuario obtén un informe detallado coa relación de traballadores en formato folla de cálculo. O informe contén, entre outros, datos como o CIF da empresa, a súa razón social e provincia, datos do traballador, tipo de continxencia, motivo polo que está de baixa (“Contacto ou exposición” ou “Infección”) e datas do proceso de incapacidade temporal. (Imaxe 4)

4.- Dentro dunha mellor usabilidade da Oficina Dixital para os seus usuarios, introducíronse tamén novos criterios de busca no apartado “Mutualistas xestionados”, por exemplo, número de afiliación á Seguridade Social, identificador do documento de identidade e nome e apelidos. Deste xeito, a asesoría pode localizar doadamente os autónomos concretos da súa carteira. (Imaxe 5)
 
Engadiuse o vínculo “Prestacións” nos rexistros de autónomos, para consultar as prestacións económicas de calquera tipo que o autónomo teña concedidas: Cesamento da Actividade do Traballador Autónomo (CATA), Incapacidade Temporal (IT), Risco no Embarazo ou Lactación (PREL) ou Coidado de Menores (CUME), ademais da xa mencionada por CATA.COVID-19.

¿Te ha resultado útil?