Certificación Bequal Plus
Fraternidad-Muprespa obtivo a certificación Bequal en decembro de 2016, categoría PLUS, en recoñecemento ás políticas de inclusión de persoas con discapacidade.
O selo entregado pola Comisión de Certificación da Fundación Bequal certifica e distingue ás organizacións e entidades comprometidas coas persoas con discapacidade a través de:
- Cumprimento da lexislación.
- O compromiso coa igualdade de oportunidades e a accesibilidade universal.
- A mellora e aumento dos niveis e calidade do emprego das persoas con discapacidade.
- A mellora da oferta de produtos e servizos, baseada no deseño para todos.
Esta certificación, lexitimada polo movemento asociativo de persoas con discapacidade en España, é a principal referencia no mercado de Responsabilidade Social Empresarial e Discapacidade.
A certificación Bequal é un proceso de mellora continua que leva á empresa á excelencia na inclusión da diversidade, contribuíndo a que sexa motor de cambio social e axente activo na construción dunha sociedade inclusiva e non discriminatoria.
O selo presenta tres niveis de valoración, en función do grao de desenvolvemento das políticas de discapacidade na empresa (Bequal, Bequal plus e Bequal Premium) e divídese en 69 fontes de verificación agrupadas en 19 indicadores de 7 categorías segundo as seguintes áreas:
- Goberno.
- Estratexia e liderado.
- Igualdade de oportunidades e non discriminación .
- Xestión de RRHH
- Accesibilidade.
- Clientes.
- Comunicación externa.
- Acción positiva .
- Compra responsable.
- Acción social.
A Fundación Bequal ten como obxectivo promover a inclusión social das persoas con discapacidade mediante a definición e promoción de estándares certificables para a inclusión das políticas de discapacidade social na xestión empresarial.
