NOVA TARIFA DE PRIMAS PARA A COTIZACIÓN POR ACCIDENTES DE TRABALLO E ENFERMIDADES PROFESIONAIS

Normativa
Autor
Fraternidad-Muprespa

Coa  disposición adicional cuarta da Lei 42/2006, do 28 de decembro,  a partir do 1 de xaneiro de 2007, entra en vigor a nova tarifa de primas para a cotización por accidentes de traballo e enfermidades profesionais, quedando derogada a que foi aprobada por R.D. 2930/1979 do 29 de decembro.

Os principais aspectos a destacar sobre o novo sistema  de cotización  previstos na nova tarifa de primas son:

As empresas sempre cotizarán  pola súa CNAE  ou actividade da empresa. Pasando dos 131  epígrafes de cotización  que había anteriormente e baseados na actividade desenvolvida por cada traballador (de forma individual) a un sistema de tipos de cotización  baseados na actividade principal da empresa, sen ter en conta as funcións realizadas por cada traballador nela.

A empresa cotizará pola ocupación do traballador, naqueles casos nos que exista correlación clara e de forma exclusiva coa actividade do mesmo (Cadro 2).

O tipo máximo de cotización establécese no 8,50% e o mínimo no 0,90%, posibilitando a súa revisión periódica a fin de adecualo á evolución da sinistralidade laboral.

A redución media da cotización  de cotas da Seguridade Social en accidentes de traballo e enfermidades profesionais oscila entre un 4 e un 5 por 100.

A citada tarifa de primas por accidente de traballo e enfermidade profesional estende a súa aplicación, ademais do Réxime Xeral, entre outros, aos Réximes Especiais de Traballadores do Mar e de Traballadores por Conta propia  ou  Autónomos  (RETA), sendo esta quizais a novidade máis destacable do novo Real Decreto.

ACTUACIÓNS

A Tesourería Xeral da Seguridade, de acordo cos datos que obran no seu poder (CNAE declarado pola empresa no momento da súa inscrición ou posteriormente en caso de cambio de actividade, e ocupación  dos traballadores) comunicará á empresa e aos traballadores autónomos como teñen que cotizar. Para iso, e segundo unhas táboas subministradas polo Ministerio, realizará unha transformación de epígrafes a ocupacións de traballadores.

A partir do día 10 de xaneiro de 2007, as empresas poderán  ver a través do SISTEMA RED (Consulta de Situación do Afiliado ou informe equivalente)  o tipo de cotización de cada traballador en alta, así como a asignación dos tipos de cotización de AT e EP en función do CNAE-93.

A Tesourería, a partir do día 12 de xaneiro irá remitindo ás empresas o correspondente Informe de Traballadores en Alta (ITA). Estes informes enviaranse de forma progresiva ao longo de varios días. Remitirase un único envío por autorización con todos os Códigos de Cotización asignados á mesma.

ACTUACIÓNS POR PARTE DAS EMPRESAS

As empresas, unha vez recibido o Informe de Traballadores en Alta, deberán comunicar o dato de ocupación daqueles traballadores  que realicen actividades das identificadas na norma, e que non puidesen ser asignadas automaticamente pola Tesourería Xeral.

¿COMO ACTUAR EN CASO DE PROBLEMA?

Se unha empresa non está de acordo coa actividade económica  (CNAE) que lle fose asignada pola Tesourería Xeral da Seguridade Social, deberá dirixirse a calquera Dirección Provincial ou Administración da mesma, para que mediante a achega dos documentos que estimen oportunos lle sexa efectuada a modificación correspondente.

En caso de que na empresa exista dúbida de que tipo de cotización ha de aplicar para aqueles traballadores que este Organismo non puidese efectuar a transformación en orixe a novas altas, as empresas deberán solicitar esta información en Tesourería.

Así mesmo, para aqueles traballadores aos que se lles puido asignar ocupación e non estean de acordo coa asignación  realizada, deberán comunicar á Tesourería a correcta.

LIÑAS XERAIS NA COTIZACIÓN:

Estructúrase a cotización empresarial  por AT e EP de acordo coa actividade económica desenvolvida pola empresa, utilizando a Clasificación  Nacional de Actividades Económicas (CNAE-93). Todas as empresas que realicen a mesma actividade terán o mesmo tipo de cotización.
Os traballadores que realicen determinadas ocupacións ou traballos comúns en todas as actividades terán un tipo de cotización específico para a ocupación.

    1. Exemplo: Vixilantes, gardas, gardas xurados e persoal de seguridade:  Ocupación  “h”

Así mesmo sucede cos traballadores  que se atopen en determinadas situacións.

    1. Traballadores en período de baixa  por incapacidade temporal e outras situacións con suspensión da relación laboral con obriga de cotizar: ocupación  “c”

Algunhas ocupacións limítanse  a determinadas actividades ou réximes.

    1. Grupo II de cotización ao Réxime Especial do Mar:  Ocupación  “v”
    2. Grupo III de cotización ao Réxime Especial do Mar : Ocupación  “w”

Disposición adicional cuarta. Tarifa de primas para a cotización á Seguridade Social por accidentes de traballo e enfermidades profesionais.

Un. A cotización á Seguridade Social dos empresarios, calquera que sexa o réxime de encadramento, e, se é o caso, dos traballadores por conta propia incluídos nos Réximes Especiais de Traballadores do Mar e de Traballadores por Conta Propia ou Autónomos, polas continxencias de accidentes de traballo e enfermidades profesionais levarase a cabo, a partir do 1 de xaneiro de 2007, en función da correspondente actividade económica, ocupación ou situación, mediante a aplicación da seguinte tarifa:


.Pdf Descargue este contido como documento .pdf.

Nova tarifa de primas para a cotización por accidentes de traballo e enfermidades profesionais
¿Que te ha parecido el contenido?