Asistencia sanitaria no estranxeiro

Fraternidad Muprespa Trámite EstranxeiroDe se producir un accidente de traballo no estranxeiro, a asistencia sanitaria que se lle preste ao traballador asimilarase á que se reciba nese mesmo ámbito por calquera continxencia en España.

Que se ofrece aos traballadores desprazados no estranxeiro?

  • Orientación telefónica, no número habilitado para o efecto:

(+34)  900 269 269

(+34) 913 896 398

  • Asistencia de urxencia e continuación desta, cos medios e extensión, que correspondan en función da normativa aplicable e convenios existentes.
  • Pagamento do transporte sanitario coa autorización da Mutua para a continuación do tratamento en territorio nacional.

Requisitos para a cobertura pola Mutua

  • Os mesmos requisitos e nos mesmos termos que en territorio nacional, en canto á relación de aseguramento.
  • Manifestación pola empresa da relación laboral do accidente.
  • Aceptación deste pola Mutua.
  • Ademais, a aceptación quedará condicionada a que a empresa e o traballador cumprisen os trámites necesarios en cada caso e solicitasen a asistencia nos centros amparados pola normativa ou convenios en vigor.

Trámites

Antes de realizar a viaxe, o traballador e a empresa deben efectuar as xestións  correspondentes para os traballadores desprazados ao estranxeiro ante a Seguridade Social:

  • Cubrir os formularios específicos do país de destino e presentalos na Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TGSS).
  • Solicitar a Tarxeta Sanitaria Europea (TSE) para os países da UE, Espazo Económico Europeo (EEE) e Suíza.
     

Reintegro dos gastos

  • A Mutua non adiantará ningún importe pola asistencia sanitaria recibida.
  • Nos países sen convenio bilateral de asistencia sanitaria: os gastos serán sempre aboados pola empresa ao centro sanitario que o prestase. Estes importes serán reintegrados logo da presentación da documentación oportuna.
  • Para o resto de países do mundo: deberanse utilizar tamén os servizos sanitarios públicos e facer efectivos os importes da asistencia sanitaria recibida. Estes importes serán reintegrados logo da presentación da documentación oportuna.
¿Te ha resultado útil?
Vote up!

Puntos: 1

You voted ‘up’