Dereito dos traballadores e pensionistas e dos seus familiares ao seu cargo, incluídos e, se é o caso, efectivamente acollidos, a recibir tratamento médico e farmacéutico, coas condicións, contido, modalidades e duración que regulamentariamente se establezan. É dispensado polos correspondentes Servizos Públicos de Saúde das Comunidades Autónomas e polo Instituto Nacional de Xestión Sanitaria de Ceuta e Melilla.
Tamén teñen dereito a asistencia sanitaria persoas sen recursos suficientes e estranxeiros, neste último caso coas condicións establecidas na Lei reguladora dos dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social.