Prestación económica por coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave

Que é?

É unha prestación con natureza de subsidio que xestionan as mutuas colaboradoras coa Seguridade Social, para os traballadores das súas empresas mutualistas e autónomos afiliados.

Ten por obxecto compensar a perda de ingresos que sofren aquelas persoas que teñen que reducir a súa xornada de traballo para o coidado directo, continuo e permanente dos fillos ou menores ao seu cargo que estean afectados por cancro ou outra enfermidade grave, durante o tempo de hospitalización e tratamento continuado da enfermidade.

Quen pode ser beneficiario?

As persoas traballadoras que reduzan a súa xornada de traballo en, polo menos, un 50% da súa duración, sempre que reúnan a condición xeral de estar afiliadas e en alta nalgún réxime do sistema da Seguridade Social e acrediten os períodos mínimos de cotización esixibles en cada caso.

Soamente un dos proxenitores, adoptantes ou acolledores pode ser beneficiario da prestación, independentemente do número de menores que estean afectados por cancro ou outra enfermidade grave que requiran un coidado directo, continuo e permanente (existe a posibilidade de alternancia da prestación).

Como se aboa e en que contía?

A prestación consiste nun subsidio, de devindicación diaria, equivalente ao 100% da base reguladora establecida para a prestación por Incapacidade Temporal, derivada de Continxencias Profesionais ou, no seu caso, a derivada de Continxencias Comúns, aplicando a porcentaxe de redución que experimente a xornada de traballo.

As cotizacións realizadas durante o período da prestación computaranse incrementadas ata o 100% da contía que correspondese se se mantivese sen a devandita redución para os efectos de determinadas prestacións. A empresa aboará a parte proporcional á xornada laboral non reducida.

As persoas traballadoras por conta propia terán unha bonificación nas cotizacións do 75%.

Solicitude

Por correo electrónico, a través do modelo correspondente e a documentación especifica necesaria (ver “Formularios”). No centro asistencial que lle corresponda.

 

Prazos

Fraternidad-Muprespa ditará resolución recoñecendo ou denegando a prestación e notificará no prazo de 30 días hábiles.

Formularios para trámitesMáis información sobre o contido
¿Te ha resultado útil?
Vote up!

Puntos: 2

You voted ‘up’