O ruído no ámbito de traballo: abordaxe integral. Xornada organizada por caeb en Palma de Mallorca

Novedades

Fraternidad-Muprespa, Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, participou o día 2 de febreiro na xornada “O ruído no ámbito de traballo: abordaxe integral” organizada por CAEB en Palma de Mallorca.

Mavia Isern, responsable de programas de Saúde Laboral de CAEB, realizou a presentación da xornada agradecendo a colaboración das entidades participantes, así como a asistencia de todos os presentes.

Isabel Castro, directora xeral de Traballo, Economía Social e Saúde Laboral do Govern de les Illes Balears, deu por inaugurada a xornada e manifestou a importancia da prevención de riscos laborais e a aposta realizada neste sentido pola Consellaría de Traballo Comercio e Industria e pola propia Dirección Xeral.

A doutora Patricia Mckinnon, médica do Traballo do Servizo Balear de Prevención, deu por iniciado o primeiro bloque da xornada coa exposición “O ruído nos ámbitos de traballo e as súas consecuencias sobre o traballador. Vixilancia da Saúde”. Nela describíronse os efectos do ruído sobre os traballadores e as actuacións propias da área de vixilancia da saúde realizadas polos Servizos de Prevención Alleos.

A continuación, interveu Rafael Reyes, técnico de Prevención Superior de Fraternidad-Muprespa, quen centrou a súa intervención na “Avaliación do risco e medidas de prevención e protección. Casos prácticos: hostalaría, sector do ocio e música, talleres e industria, call centers e outras actividades”. Desenvolveu a avaliación do ruído dende os puntos de vista ergonómico e hixiénico (detallando os diferentes métodos de medición de ruído) e recalcou a importancia da planificación das medidas preventivas en relación con este axente físico; para rematar, expuxo as devanditas medidas en función de se a actuación se realiza sobre o foco emisor do ruído, o medio de propagación ou sobre o traballador exposto. Tamén mencionou o efecto aditivo dos compostos ototóxicos e o descoñecemento actual destes.

O segundo bloque da xornada comezou coa intervención conxunta dos doutores Eugenio Díaz, coordinador Asistencial Territorial Adxunto DT Nordés de Fraternidad-Muprespa e Rafael Palmer, responsable de Área de Medicina do Traballo da Dirección Xeral de Traballo, Economía Social e Saúde Laboral co relatorio “A xestión sanitaria da enfermidade profesional”. O doutor Díaz iniciou a súa intervención coa exposición clara e amena da definición de enfermidade profesional e o cadro de enfermidades profesionais actual, ademais entrou no caso da hipoacusia para pasar a centrarse no modelo de xestión das enfermidades profesionais utilizado por Fraternidad-Muprespa. Este protocolo iníciase dende que chega a sospeita de enfermidade profesional ata que esta se declara no CEPROS.

Pola súa banda, o doutor Palmer chamou a atención dos presentes en relación cos últimos datos que mostran o baixo número de enfermidades profesionais declaradas, especialmente no caso das hipoacusias de orixe laboral fronte ao gran número de traballadores expostos.

Por último, interveu Javier Sola, asociado sénior de Cuatrecasas, Gonzalves Pereira, describindo a “Responsabilidade empresarial e doutrina legal na materia” onde mostrou varios casos moi ilustrativos.

Ao finalizar, iniciouse un interesante debate entre asistentes e relatores onde se aclararon varias dúbidas en relación con este amplo campo de traballo, no cal hai moitas partes implicadas.

 

¿Te ha resultado útil?