Prestación por cesamento de actividade

Que é?

O Cesamento de Actividade dos Traballadores Autónomos (en diante protección CATA), é de carácter obrigatorio e ten por obxecto protexer o traballador autónomo que, ante a situación de cesamento total na actividade (de forma temporal ou definitiva) que orixinou a alta no réxime especial, quere exercer unha actividade económica ou profesional a título lucrativo e non pode.
Esta protección supón un avance no proxecto de lograr a equidade co nivel de protección dispensado ao traballador por conta allea.

Persoas protexidas

Os traballadores incluídos no Réxime Especial dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos (RETA), traballadores por conta propia agrarios (SETA), os traballadores autónomos economicamente dependentes (TRADE), e os traballadores por conta propia, ou armador asimilado incluídos no Réxime Especial dos Traballadores do Mar, cuxa cotización pola cobertura de cesamento de actividade dos traballadores autónomos de carácter obrigatorio se iniciou o 1 de xaneiro de 2019.

Como se tramita?

  • O importe da prestación calcularase co 70% da base reguladora media cotizada durante os 12 meses continuados e inmediatamente anteriores ao cesamento de actividade. En función do número de fillos que o autónomo teña ao seu cargo, estableceranse contías mínimas (80|107% IPREM) e máximas (175|200|225% IPREM) da prestación CATA.
    No réxime especial dos traballadores do mar, a base reguladora calcularase sobre a totalidade da base de cotización por esta continxencia, sen aplicación dos coeficientes correctores de cotización e, ademais, os períodos de veda obrigatoria aprobados pola autoridade competente non se terán en conta para o computo do período de 12 meses continuados e inmediatamente anteriores á situación legal de cesamento de actividade, sempre e cando neses períodos de veda non se percibise a prestación por cesamento de actividade.
     
  • O aboamento da cotización da Seguridade Social por continxencias comúns ao réxime correspondente.
     
  • Medidas de formación, orientación profesional e promoción da actividade emprendedora dos autónomos beneficiarios deste.

As dúas primeiras prestacións serán satisfeitas polos órganos xestores, mentres que a terceira sempre será dispensada polo Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) ou o Instituto Social da Mariña (ISM).

Duración: a duración da prestación CATA determinarase en función dos períodos de cotización efectuados dentro dos 48 meses anteriores á situación legal de cesamento de actividade (polo menos 12 meses deben ser continuados e inmediatamente anteriores ao cesamento) conforme a seguinte escala:

 

 

Período de cotización (meses cotizados a CATA)

 

12-17

18-23

24-29

30-35

36-42

43-47

+ de 48

Duración da prestación

4 meses

6 meses

8 meses

10 meses

12 meses

16 meses

24 meses

 

Aqueles que teñan dereito á prestación por cesamento de actividade, e acreditaran un período de, polo menos, seis meses pendentes de cobramento, poderán percibir dunha soa vez o importe da prestación, cando acrediten que van realizar unha actividade profesional como autónomos ou destinen o 100% do importe para realizar unha achega ao capital social dunha entidade mercantil nova ou constituída no prazo máximo de 12 meses antes da achega, sempre que vaian ter o control efectivo desta, e para exercer nela unha actividade profesional, encadrados como traballadores por conta propia.


O recoñecemento do dereito pola Mutua supoñerá o gozo da correspondente prestación económica a partir do día seguinte en que teña efecto a baixa no réxime especial ao que estivese adscrito.

Requisitos

O acceso á protección CATA recoñecerase aos autónomos que cumpran os seguintes requisitos:

  • Non estar a desenvolver actividade por conta allea ou propia, aínda que a súa realización non implique inclusión obrigatoria no réxime de autónomos.
  • No momento inmediatamente anterior a cesar na actividade:
    • Estar afiliado e en situación de alta.
    • Ter cubertas as continxencias profesionais no Réxime Especial correspondente.
  • Acharse ao corrente no pagamento das cotas á Seguridade Social na data do feito causante.
  • Solicitar a baixa no réxime especial correspondente a causa do cesamento de actividade, agás no caso de cesamento temporal por forza maior, onde necesariamente deberá manterse de alta no réxime especial.
  • Que transcorresen, polo menos, 18 meses dende o último recoñecemento de protección CATA.
  • Ter cotizado, pola cobertura de cesamento de actividade, un período mínimo de 12 meses continuados e inmediatamente anteriores á situación legal de cesamento.
  • Non estar a gozar de ningunha pensión nin prestación da Seguridade Social, agás que estas foran compatibles co traballo que deu lugar á protección CATA.
  • Non ter feito a idade ordinaria para causar dereito a pensión contributiva de xubilación, agás que o traballador non tivese acreditado o período de cotización mínimo.
  • En caso de establecemento aberto ao público, esixirase o seu peche durante a percepción do subsidio ou ben a súa transmisión a terceiros. Non obstante, o autónomo titular do inmoble onde se sitúa o establecemento poderá realizar sobre este os actos de disposición ou gozo que correspondan ao seu dereito, sempre que non supoñan a continuidade do autónomo na actividade económica ou profesional finalizada.
  • Se o traballador por conta propia ou autónomo tivese un ou máis traballadores ao seu cargo, será requisito que cumprise as garantías, obrigas e procedementos regulados na lexislación laboral respecto dos seus asalariados.
  • Encontrarse en situación legal de cesamento de actividade e acreditar activa dispoñibilidade para a reincorporación ao mercado de traballo, a través das actividades formativas, de orientación profesional e de promoción da actividade emprendedora a través do Servizo Público de Emprego ou, se é o caso, o Instituto Social da Mariña.

Formularios para trámites

Máis información sobre o contido

 

 

¿Resultouche útil este contido?
(reset)
¡Grazas polo teu voto!

Puntos: 6