Prestacións especiais e axudas sociais

Que son?

As prestacións especiais son as axudas económicas, que Fraternidad-Muprespa destina para financiar necesidades inesperadas ás que os traballadores e os seus beneficiarios deben afrontar como consecuencia dunha continxencia profesional, sempre que o accidente de traballo ou enfermidade profesional que se producise determine un estado ou situación especial de necesidade.

No caso de falecemento do traballador, poderá ser beneficiario calquera familiar, cónxuxe ou parella de feito, que teña a condición de beneficiario e teña asumido os gastos do falecemento.

Estas axudas son optativas e diferentes ou complementarias ás prestacións estatutarias da Seguridade Social.

Prestaciones especiales

As modalidades de axudas que se poden solicitar son as seguintes:

  • Rehabilitación e recuperación.
  • Reorientación profesional e adaptación do posto de traballo.
  • Pola adecuación dos medios esenciais para o desenvolvemento das actividades básicas da vida cotiá.
  • Outros beneficios:
    • Complemento da axuda á morte.
    • Formación no coidado de persoas con discapacidade grave.
    • Mantemento da posesión ou desfrute da vivenda habitual.

A solicitude recibida será avaliada e resolta pola Comisión de Prestacións Especiais, órgano paritario e de participación de Fraternidad-Muprespa, con representación dos empresarios e traballadores asociados protexidos e vinculados ás Centrales Sindicais máis representativas.

Que che pareceu este contido?