Haurrak zaindu hobari

2010eko abenduaren 23an 2011. urterako Estatuko Aurrekontu Orokorren Legea argitaratu zen BOEn eta bertan minbiziak edo gaixotasun larriek eragindako adingabekoak zaintzeko prestazio ekonomiko berria jaso zen, 2011ko urtarrilaren 1ean indarrean sartuko zena eta Mutualitateak aitorpenaren, kudeaketaren eta ordainketaren erantzule egiten zituena.

menores muprespa

Laguntzaren xedea interesatuek lanaldia murriztu behar izateagatik eta horren ondoriozko soldata gutxitzearekin jasaten duten diru-sarreraren galera konpentsatzea da, minbizia edo gaixotasun larriak dituzten beren karguko seme-alabak edo adingabekoak zuzenean, modu jarraian eta iraunkorrean zaindu behar izateagatik ospitaleratze-garaian eta ondorengo tratamenduan.

2011ko uztailaren 29ko 1148/2011 Errege Dekretua, alde batetik, prestazioa aitortzeko gaixotasun larritzat hartzen direnen zerrenda finkatzen duena eta, bestetik, prestazio horri dagozkion araubide juridikoko gaiak garatzen dituena, 2011ko uztailaren 30eko BOEn argitaratu zen.

Errege Dekretu horretan finkatutako xedapen guztiak aplikagarriak izango dira Gizarte Segurantzaren sistemako araubide guztietan.

Obxecto e protección

Esta prestación económica está destinada a los progenitores, adoptantes o acogedores, en aquellos casos que ambos trabajen y que deban reducir su jornada de trabajo para el cuidado del menor a su cargo, afectado por cáncer u otra enfermedad grave que requiera ingreso hospitalario de larga duración y tratamiento continuado de la enfermedad.

A acreditación de que o menor padece cancro ou outra enfermidade grave, así como a necesidade de coidado directo, continuo e permanente do menor durante o tempo de hospitalización e tratamento continuado da enfermidade, efectuarase mesmo naqueles casos en que a atención e diagnóstico do cancro ou enfermidade grave se levase a cabo por servizos médicos privados. Esixirase que a declaración da enfermidade sexa cuberta polo médico do centro responsable da atención do menor.

A recaída da enfermidade deberá acreditarse mediante unha nova declaración médica que especifique a necesidade da continuación do tratamento médico, así como do coidado directo, continuado e permanente do menor, polo proxenitor, adoptante ou acolledor.

Requisitos

Serán beneficiarios os traballadores/as por conta allea ou por conta propia, sempre que:

  • Os proxenitores, adoptantes ou acolledores, dentro de cada unidade familiar, deberán estar afiliados e en alta nalgún dos réximes da Seguridade Social ou Mutualidade de Previsión Social establecidos polo correspondente Colexio Profesional.
  • Ter o período de cotización esixido:
    • Menores de 21 anos: non se esixe período mínimo de cotización.
    • Feitos os 21 anos e menores de 26: 90 días cotizados dentro dos 7 anos inmediatamente anteriores á data de inicio da solicitude ou alternativamente, 180 días cotizados ao longo da vida laboral.
    • Maiores de 26 anos: 180 días dentro dos 7 anos inmediatamente anteriores ao momento do inicio da solicitude ou alternativamente, 360 días cotizados ao longo da súa vida laboral.
    • Estar ao corrente de pagamento nas cotas á Seguridade Social (só para os traballadores obrigados ao ingreso das devanditas cotas).
    • Soliciten ou teñan xa reducida a súa xornada de traballo, polo menos, nun 50% e como máximo un 99,9%.
    • Unicamente poderá gozar da prestación un dos dous proxenitores.
    • Nos casos de separación xudicial, nulidade ou divorcio, se ambas as dúas persoas proxenitoras, adoptantes ou acolledoras teñen dereito ao subsidio, só poderá ser recoñecido a favor dunha de común acordo.
    • Mediante acordo entre ambas as dúas persoas proxenitoras, adoptantes ou acolledoras e a empresa ou empresas respectivas, poderán alternarse entre elas o percibo do subsidio.
    • Nas situacións de pluriactividade, poderá percibirse o subsidio en cada un dos réximes da Seguridade Social no que se reúnan os requisitos esixidos.

    Requisitos do menor:

    • Ser menores de 18 anos.
    • Padecer cancro ou calquera enfermidade grave das incluídas na listaxe das enfermidades consideradas graves, que requiran ingreso hospitalario de longa duración.

Nacemiento

O dereito á prestación nace a partir do mesmo día en que se inicia a redución da xornada, sempre que a solicitude se formule no prazo de tres meses dende a data en que se produciu a devandita redución. Transcorrido o devandito prazo, os efectos económicos do subsidio terán unha retroactividade máxima de tres meses.

Contía

Subsidio equivalente ao 100% da base reguladora establecida para a prestación de incapacidade temporal derivada de continxencias profesionais, ou a de continxencias comúns cando non se opte pola cobertura daquelas, aplicando a porcentaxe de redución que experimente a xornada de traballo.

Duración

O subsidio recoñecerase por un período inicial dun mes, prorrogable a períodos de dous meses cando subsista a necesidade do coidado directo, continuo e permanente do menor, que se acreditará mediante declaración pormenorizada do facultativo do Servizo Público de Saúde, e como máximo ata que este cumpra os 18 anos.

Xestión y Pagamento

Levarase a cabo pola correspondente Entidade Xestora ou Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, coa que o traballador teña cubertas as continxencias profesionais ou, cando non haxa cobertura de riscos profesionais, coa que teñan cubertas as continxencias comúns.

O subsidio aboarase directamente a cada beneficiario, efectuando o pagamento por períodos vencidos.

Suspensión e Extinción

A prestación quedará en suspenso:

  • No suposto de alternancia no percibo do subsidio entre as persoas proxenitoras, adoptantes ou acolledoras, o percibo do subsidio quedará en suspenso para a persoa proxenitora, adoptante ou acolledora á que se lle tivese recoñecido.
  • Nas situacións de incapacidade temporal, durante os períodos de descanso por maternidade e paternidade e nos supostos de risco durante o embarazo e de risco durante a lactación natural e, en xeral, por calquera causa de suspensión da relación laboral.

A prestación extinguirase por:

  • A incorporación plena do beneficiario ao traballo.
  • Por cesamento da necesidade do coidado do menor directo, continuo e permanente
  • Cando un dos proxenitores cesa na súa actividade laboral.
  • Chegada aos 18 anos do menor.
  • Falecemento do menor ou do beneficiario da prestación.

As persoas beneficiarias estarán obrigadas a comunicar á correspondente Entidade Xestora ou á Mutua calquera circunstancia que implique a suspensión ou extinción do dereito ao subsidio, así como calquera modificación da súa situación laboral ou a do outro proxenitor.

En calquera momento, a correspondente Entidade Xestora ou a Mutua poderá efectuar as actuacións necesarias para a comprobación dos requisitos esixidos para o recoñecemento da prestación.

Recoñecemento

Unha vez comprobados todos os documentos e informes médicos, así como todos os requisitos formais, feitos e condicións esixidos para acceder ao subsidio, a correspondente Entidade Xestora ou a Mutua pronunciará resolución expresa e notificará no prazo de trinta días contados dende a recepción da solicitude, o recoñecemento ou denegación do dereito á prestación económica.

Posteriormente, o traballador procederá a solicitar a porcentaxe da redución da xornada que lle corresponda.

No suposto de que o traballador acudise á Mutua cunha redución de xornada practicada pola empresa, será a Mutua quen estableza se a devandita porcentaxe de redución está xustificada para o coidado de menor.

Transcorrido este prazo a que se refire a alínea anterior, sen que se producise e se notificase resolución expresa, a solicitude entenderase desestimada.

As resolucións, expresas ou presuntas, pronunciadas pola entidade xestora ou a Mutua, serán recorribles na forma prevista no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social (BOE do día 11).

¿Te ha resultado útil?
Vote down!

Puntuak: -1

You voted ‘down’