Prestaciones especiales y asistencia social

Recursos especiais e asistencia social

 

AVISO IMPORTANTE!

 

 

As prestacións especiais son axudas económicas, a fondo perdido, destinadas a completar as prestacións regulamentarias que a Seguridade Social dispón para os traballadores que sufriron un accidente de traballo ou unha enfermidade profesional e que, polas súas circunstancias persoais, económicas ou familiares se encontren nunha maior situación de necesidade (en caso de falecemento do traballador, estas axudas estenderanse ao cónxuxe, ascendentes, descendentes e demais parentes por consanguinidade ou afinidade).

Prestaciones especiales

As axudas económicas que, a título de exemplo, poden solicitarse son as seguintes:

  • Gastos do acompañante de lesionados hospitalizados.
  • Adaptación da vivenda en caso de invalidez.
  • Adaptación do vehículo en caso de invalidez.
  • Cursos de formación e readaptación laboral.
  • Axuda de gardaría ou estudos para fillos.
  • Asistencia domiciliaria ao lesionado.
  • Gastos de repatriación en caso de falecemento.

Fraternidad-Muprespa dispón dun presuposto anual para satisfacer as solicitudes de prestacións especiais que se reciban.

As solicitudes de axuda serán avaliadas e resoltas pola Comisión de Prestacións Especiais, que é un órgano paritario con representación dos empresarios asociados e dos traballadores protexidos e vinculados ás centrais sindicais de maior representatividade.

As prestacións especiais poderán ser solicitadas polo propio traballador, os familiares, os representantes dos traballadores da empresa ou pola propia empresa a través do seguinte formulario.[FED-0054]

Traballo social e readaptación profesional

Axuda ao traballador accidentado a reincorporarse

Fraternidad-Muprespa dispón destes servizos dotados de persoal especializado co fin de contribuír á incorporación do accidentado ao seu medio social ou profesional, orientando ao traballador que, pola gravidade da súa lesión ou circunstancias persoais, económicas ou familiares se encontren nunha maior situación de necesidade.

Estes servizos inícianse cando se producen accidentes graves, colaborando co equipo médico e rehabilitador que atende ao accidentado, así como preparando a súa contorna social ou profesional, para a súa incorporación ou readaptación ao posto de traballo.

Os técnicos de prevención da Mutua e as traballadoras sociais colaboran no asesoramento ás empresas, para a adaptación dos postos de traballo daqueles traballadores que sufriran unha incapacidade a consecuencia dun accidente laboral ou enfermidade profesional, avaliando a posible readaptación do posto de traballo, a readaptación profesional ou a recolocación na propia empresa.

Así mesmo, as traballadoras sociais xestionan a utilización dos servizos de centros especializados, públicos e privados, para a atención de lesionados medulares, danos cerebrais, amputados, etc.

O servizo de traballo social actúa en todo o territorio nacional, a través da nosa rede de centros asistenciais.