Norbere Asistenzia Sarea

Centros asistenciais

Todos os nosos centros asistenciais dispoñen de: (Ver Mapa de centros)

  • Área Administrativa
  • Área de Servizos de Prevención de Riscos Laborais
  • Área de Urxencias: Sala de Curas, Sala de Escaiolas e Radioloxía,
  • Área de Consultas Médicas
  • Área de Rehabilitación
  • Servizo de Ambulancias
  • Aula de Formación

Todos os centros están atendidos por médicos de medicina asistencial e do traballo, traumatólogos, fisioterapeutas e ATS, que son, pola súa vez, supervisados polo director provincial.

Esta ampla estrutura descentralizada complétase cunha rede de concertos con máis de 2.000 clínicas no eido nacional.

Centros hospitalarios

Fraternidad-Muprespa dispón de dous centros hospitalarios con posibilidade de hospitalización en Madrid. Centros cunha alta profesionalidade e tecnoloxía, situados en, P.º da Habana, 83-85 (7.000 m.) e R/ Madre de dios, 42 (3.700 m.).

Centro Hospitalario

 

Centro Hospitalario

(PECHADO POR CONSTRUCIÓN DO NOVO HOSPITAL)

Pº DE LA HABANA, 83-85

28036, MADRID

Hospital Madre de Dios

Hospital Madre de Dios

ATENCIÓN DE URXENCIAS 24 HORAS

MADRE DE DIOS, 42

28016, MADRID

Teléfono 913 431 960 / 913 608 800

Fax 913 431 999 / 913 608 855

Os dous centros hospitalarios dispoñen de excelentes comunicacións que facilitan a asistencia e o seguimento dos lesionados, tanto de Madrid, coma doutras comunidades autónomas que necesiten tratamento especializado.

O centro do P.º da Habana conta con acreditación docente do Ministerio de Educación e Cultura para formar médicos residentes na especialidade de traumatoloxía e cirurxía ortopédica.

Así mesmo, e a través da Universidad Alfonso X o Sabio de Madrid, colabora na formación de fisioterapeutas.

  • Áreas hospitalarias:
    • Urxencias
    • Hospitalización
    • Consultas
    • Área cirúrxica
    • Rehabilitación
  • Unidades médicas
    • Cirurxía Reconstructiva
    • Man e microcirurxía
    • Traumatoloxía xeral
    • Cirurxía artroscópica
    • Columna
    • Xeonllo
    • Cirurxía plástica
  • Outras especialidades:
    • Medicina interna
    • Oftalmoloxía
    • Neuroloxía
    • Cirurxía dixestiva
    • Cirurxía torácica
    • Cirurxía maxilofacial
    • Cardioloxía
    • Otorrino
    • Laringoloxía
    • Neurocirurxía
    • Cirurxía Vascular
    • Uroloxía

Esta ampla estrutura médica sanitaria de unidades médicas e especialidades garántenlles un tratamento integral aos nosos pacientes, nunhas condicións óptimas, para a pronta recuperación dos lesionados.

Centros Intermutuais

Fraternidad-Muprespa participa de forma activa na xestión destas dúas clínicas intermutuais situadas en Vizcaya e Valencia. Ambos os dous centros están especializados no tratamento integral do accidentado.

CENTRO INTERMUTUAL DE LEVANTE

Ctra. Ademuz, Km. 11,70, Paterna, Valencia. Ficha del centro

O Centro de Recuperación e Rehabilitación de Levante, situado nun lugar que lle permite cubrir a asistencia hospitalaria de toda a Comunidade Valenciana, dispón de 224 camas de hospitalización, seis de reanimación, seis quirófanos e dúas áreas de consultas externas.

Conta cun cadro de persoal de 180 empregados, que se completa con 55 especialistas externos, ademais da colaboración de 88 médicos contratados polas Mutuas copartícipes.

O traballo perseverante e os éxitos acadados en cirurxía reconstrutiva e reparadora permítelle ser "Hospital de referencia" na Comunidade Valencia para reimplante de membros, con recoñecemento oficial en tal sentido por parte do Centro Nacional de Transplantes.

Centro Intermutual Levante

 

CENTRO INTERMUTUAL DO PAÍS VASCO

C/Fontecha y Salazar, 6, Bilbao. Ficha del centro

O Centro Mancomunado do País Vasco, situado no centro de Bilbao e concibido segundo as normas de construción hospitalaria máis avanzadas, culmina as aspiracións das Mutuas que nel participan, de poder ofrecer ás súas empresas asociadas e traballadores protexidos, unha clínica especializada no tratamento integral do accidente de traballo.

Este gran Centro conta con: consultas externas, tres salas de atención inmediata, quirófanos, unidade de reanimación para vixilancia poscirúrxica, trinta e cinco cuartos, ademais dá cabida a un gran centro de rehabilitación que favorece a recuperación do traballador lesionado para a súa reincorporación ao mundo laboral.

Centro Intermutual Euskadi

 

¿Te ha resultado útil?
Vote up!

Puntuak: 1

You voted ‘up’