Como se pode asociar con F-M unha empresa asociada con outra mutua?

Os pasos que deberá seguir son:

  1. Solicitar a baixa á entidade onde teña cubertas as continxencias profesionais (Mutua), polo menos cun mes de antelación á data de vencemento do documento de asociación, por medio de:
    • Carta de solicitude de baixa. 
  2. A raíz desta solicitude, a devandita entidade estenderá o correspondente certificado de cesamento.
  3. Encher o documento de proposición de asociación con Fraternidad-Muprespa.
  4. Encher Informe do Comité de empresa ou de non-existencia de Representación legal dos traballadores.
  5. Entregar na Tesourería Xeral da Seguridade Social:
    • Certificado de cesamento, estendido pola entidade anterior.
    • Proposición de Asociación con Fraternidad-Muprespa.
    • Informe do Comité de empresa ou de non-existencia de representación legal dos traballadores (se a Tesouraría Xeral da Seguridade Social  o solicitase).
  6. En caso de querer exercitar a opción da prestación económica de incapacidade temporal por continxencias comúns coa Mutua, deberá encher o correspondente Anexo de proposición/documento de asociación para cubrir a devandita continxencia.

Entregue a solicitude a Fraternidad-Muprespa e, unha vez realizado o trámite, o efecto do cambio será a partir do día seguinte á data de baixa que figure no certificado.

Se ten calquera dúbida ao respecto dos pasos que debe seguir, póñase en contacto co seu centro de Fraternidad-Muprespa máis próximo (vía telefónica ou presencial) ou comuníquese connosco a través do noso Portelo de Atención Web.