Sede social de Fraternidad-Muprespa 90 aniversario

90 aniversario de Fraternidad-Muprespa 1929 ~ 2019

Para as persoas que formamos Fraternidad-Muprespa, cumprir 90 anos é falar de valores, lealdade, persistencia e integridade. Cremos nas relacións baseadas na confianza e tratamos de conservar nestas a ilusión e a frescura do primeiro día. Por iso, queremos celebrar con todos os nosos mutualistas, autónomos adheridos, traballadores protexidos, asesores e con todos os empregados que estiveron, están e estarán, este importante aniversario.

En 1929 iniciaba a súa andaina La Fraternidad e en 2019 Fraternidad-Muprespa cumpre 90 anos, froito dunha sólida organización formulada sobre un modelo de innovación tecnolóxica que, período a período, permitiu adaptarnos aos novos tempos, pero, sobre todo, grazas á calidade e profesionalidade do equipo humano, e a fidelidade das empresas que durante todos estes anos depositaron a súa confianza en nós. Por iso, este aniversario tamén é de agradecemento cara a todos os que nos acompañaron durante esta longa viaxe que desexamos dure moitos anos máis.

O lema que nos vai acompañar durante o ano 2019 é “compromiso, achegamento e fraternidade”, pois estes tres valores reflicten o que tratamos de infundir en cada unha das millóns de accións que levamos a cabo ao longo da nosa historia, coidando de persoas, axudando ás nosas empresas e colaborando coas asesorías.

Compromiso, achegamento e fraternidade

Logotipo de 90 aniversario de Fraternidad-Muprespa


Fieis ao noso compromiso coa Responsabilidade Social Corporativa, o logo que nos vai representar neste aniversario está realizado pola Fundación Autismo Burgos, coa que mantemos unha relación de colaboración dende hai anos. Este logotipo realizárono as persoas usuarias do taller de pintura do Centro de Día de Autismo Burgos.

O seu significado:

  • Unha imaxe con valor didáctico que pretende producir unha emoción de confianza. Diferentes cores das cruces, para representar as distintas especialidades médicas.
  • Lazos de cores que simbolizan a relación directa entre a Mutua e as diferentes profesións, sociedade laboral.
  • Unha imaxe con valor DIDÁCTICO, que invita a sorrir. Un efecto visual optimista e dinámico que simboliza a EFICACIA.

Destacamos deles o programa bbmiradas para a detección precoz e intervención en bebés con indicadores de alerta no desenvolvemento socio-comunicativo a través da análise do seguimento visual como indicador temperán de diagnóstico. Con implantación en Burgos e con carácter pioneiro en toda Europa.

A Fundación, que cumpre 35 anos en 2019, é unha entidade sen ánimo de lucro promovida por familiares de persoas con trastornos do espectro autista e ten como propósito mellorar a calidade de vida e promover o exercicio efectivo dos dereitos destas persoas e das súas familias.

Unhas pinceladas da nosa historia

La Fraternidad foi fundada en 1929 por Escolástico Zaldívar e tiña como primeira situación o seu propio domicilio en Bilbao. Non é por casualidade que elixira este nome, xa que lle resultaba o máis adecuado para o labor e función que pretendía desenvolver.

Menciónase como anécdota relativa ao nome que, cando se abriu a delegación en Barcelona, pasou Salvador Dalí por diante de forma casual e, ao ver o distintivo da sociedade, entrou a contratar un seguro porque lle gustara o nome.

En febreiro de 1992, Muprespa inicia a súa actividade coas empresas do grupo INI, baixo a presidencia de Miguel Cuenca. Muprespa, con data 30 de decembro de 1995, absorbe Mupag-Previsión e pasa a denominarse Muprespa-Mupag-Previsión.

O 31 de decembro do 1998, Fraternidad vive a súa última fusión con Muprespa-Mupag-Previsión: ambas as dúas entidades experimentaran ao longo das súas vidas diversas absorcións e fusións, sumando o coñecemento e o saber facer de ata 23 entidades. 

A idea de crear unha mutua de accidentes de traballo xurdiu da preocupación que mostraron os empresarios por asegurar os riscos laborais e previr as continxencias derivadas de calquera tipo de accidente laboral; e, malia o paso do tempo, despois de 90 anos, esta segue sendo a nosa principal preocupación.

A historia do nacemento e orixes de Fraternidad-Muprespa é moi semellante á do resto das mutuas, se ben a nosa Entidade é unha das máis veteranas do sector e un referente dentro do mutualismo español.

90 aniversario

Coa conmemoración do 90 aniversario en Fraternidad-Muprespa, pensamos que a lonxevidade está asociada ao éxito e ao saber facer da nosa Mutua, e consideramos que é unha excelente oportunidade para:

  • Reforzar as relacións cos nosos grupos de interese.
  • Proxectarnos cara a un futuro de crecemento sustentable, como empresa e como colectivo humano.
  • Fortalecer os nosos principais valores: calidade, proximidade e confianza.
  • Exteriorizar a motivación e o sentimento de pertenza a Fraternidad-Muprespa

En definitiva, seguir facendo ben o noso traballo e coidar a todos os nosos clientes para seguir cumprindo moitos anos máis.