Ano 2017 da integración das persoas con discapacidade en Fraternidad-Muprespa

En Fraternidad-Muprespa, tal e como recolle a nosa política de xestión da diversidade, comprometémonos ao cumprimento da normativa vixente en termos de non-discriminación por razón de raza, cor, idade, sexo, estado civil, ideoloxía, opinións políticas, nacionalidade, relixión, orientación sexual ou calquera outra condición persoal, social ou física.

Como parte deste compromiso, garantimos a plena igualdade de trato das persoas con discapacidade, para o cal adoptamos as medidas necesarias e adecuadas na adaptación do posto de traballo, a accesibilidade da empresa e a información co obxecto de permitir ás persoas con discapacidade acceder ao emprego, desempeñar o seu traballo, progresar profesionalmente e acceder á formación necesaria en igualdade de oportunidades.

Non obstante, ademais deste compromiso estable, alén das obrigas normativas e legais, no ámbito da responsabilidade social e de xeito transversal nas súas distintas liñas de actuación, en Fraternidad-Muprespa propuxémonos facer especial fincapé na inclusión e integración das persoas con discapacidade.

Esta vontade deu pé a que durante o 2017 celebremos o noso “Ano da integración das persoas con discapacidade”; marco que dá acollida á posta en marcha e o apoio a proxectos e iniciativas que nos fagan avanzar na devandita integración.

 

Logo integración das persoas con discapacidade en Fraternidad-Muprespa

 

A obtención en 2016 do certificado Bequal (categoría plus) de integración da discapacidade, así como en 2015 a do distintivo indicador do grao de accesibilidade DIGA nos nosos centros de traballo servíronnos para referendar o camiño emprendido pola organización anos atrás en termos de accesibilidade.

 

O 2017 débenos servir para seguir dando pasos adiante na resposta ao reclamo da sociedade de que as empresas sexamos cada vez máis responsables e respectuosas, ademais de estarmos máis concienciadas e implicadas nas súas necesidades.

Por iso, dentro de noso 2017 Ano da integración das persoas con discapacidade, entre outros aspectos:

  1. Daremos percorrido ás esixencias do certificado Bequal obtido en 2016.
  2. Avanzaremos no acordo asinado con Inserta (Fundación ONCE) para favorecer a inclusión sociolaboral de persoas con discapacidade.
  3. Fomentaremos a participación en VERACIA, a comunidade virtual de axuda mutua de ATAM, para tratar de chegar ás persoas con discapacidade.
  4. Canalizaremos as nosas accións de voluntariado corporativo cara a iniciativas que teñan relación coa discapacidade.
  5. Axudaremos a dar visibilidade a través das nosas canles de comunicación a aquelas iniciativas propias e alleas que sumen a favor da integración da discapacidade.
  6. Traballaremos na nosa propia concienciación como empregados de Fraternidad-Muprespa realizando accións de carácter interno que nos sirvan para ser cada día máis responsables.

Este debe ser un ano no que avancemos novamente para ser un pouco máis útiles para a sociedade. Este debe ser o ano para avanzar na integración da discapacidade.

“Somos RESPONSABLES”

¿Te ha resultado útil?